Inicio
Escolas

Galería
Asociación



tocaebailaengalego.com

 

Contratación:

 Para contratar o Grupo de Música e Baile Tradicional de A Legua Dereita de O Corgo:

mail: leguadereita@tocaebailaengalego.com

tlf: 649366195

As actividades do grupo van dende a animación participativa co público en festas, ensinando bailes e xogos musicais, ata actuacións temáticas de esceario con coidada escenografía e vestimenta (exemplo: Os baile tradicional da Montaña de Lugo, A música popular galega dende o século XIX, O traxe tradicional galego, etc), actuacións didácticas, ou formacións musicais tradicionais para vodas, pasarrúas ou calquer tipo de evento (cuartetos, etc).

 Os cartos obtidos -como asociación sen ánimo de lucro na que ningún integrante cobra- empréganse na promoción da cultura galega a través do programa de actividades da propia asociación, que é a principal motivación dos integrantes do grupo e comprende a súa propia formación, mantemento de aulas permanentes, cursos de iniciación, actividades para nenos, dinamización sociocultural, etc. Nuns tempos nos que parece que todos estamos sometidos á macroeconomía e aos mercados, contratar ao Grupo de Música e Baile Tradicional de A Legua Dereita de O Corgo tamén significa axudarnos, axudar á cultura popular, a de todos e para todos, sinxela e honesta. 

Para máis información do grupo pódese consultar as diferentes seccións desta páxina. Para obter un presuposto personalizado para unha actividade concreta, débese consultar no medio anteriormente indicado, sen compromiso.

Intercambios:

 O Grupo de Música e Baile Tradicional de A Legua Dereita de O Corgo fai intercámbios culturais con aquelas asociacións que, sempre sen ánimo de lucro, organizan eventos que teñan como  finalidade a promoción da cultura tradicional galega. 

No noso caso, organizamos unha mostra de grupos populares no festival folc no río Chamoso, sendo a súa data o primeiro domingo de Agosto.

Se vos interesa un intercambio ou outro tipo de colaboración -ou simplemente información-, non dubidedes en contactar con nós:

mail: leguadereita@tocaebailaengalego.com

tlf: 649366195

 

 

 
Patrocinadores:
-