![]() |
|
|---|---|
![]() ![]() ![]() |
Quen somos A Legua Dereita é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro constituída a finais do ano 2002, grazas ao esforzo dun grupo de pais que decidiron facer algo que nese momento non existía no concello: un Grupo de Música e Baile Tradicional Galego. Que facemos A filosofía desta asociación é facilitar o acceso a tódolos veciños de O Corgo e arredores, a unha aprendizaxe de calidade tanto de música como de baile galego, ofrecendo estas clases como actividades complementarias necesarias na vida dos nenos galegos e dándolles a oportunidade de demostrar todo o seu esforzo e bon facer nun escenario. A filosofía é pois, que todas as persoas que teñan este tipo de inquietudes, poidan participar activamente e sen complexos na cultura tradicional galega, xa que na Legua Dereita, serán ben recibidas. Aparte do Grupo de Música e Baile Tradicional Galego, nestes momentos a asociación, dende a súa modestia, ten o empeño de crear unha escola de Cultura Tradicional Galega, ca organización xa no ano 2010 de aulas independentes nas que se abarcan actividades orientadas tanto aos máis cativos, como a xentes de calquera idade De onde somos Podes atopar A Legua Dereita no concello de O Corgo, na provincia de Lugo, se ben son varios os compoñentes da asociación que veñen de concellos cercanos, como Lugo, Sarria, As Nogais, etc. As nosas clases estanse a impartir no Centro Sociocultural deste Concello. Contacto email: leguadereita@tocaebailaengalego.comtlf: 649366195 |
| Colaboradores: | ||||
![]() |
||||